Que é Novaware

Novaware é unha empresa que centra a súa actividade no campo da enxeñaría informática, prioritariamente en aspectos referentes ao desenvolvemento, investigación e innovación, xa que ten a convición de que as actividades de I+D son básicas para a súa competitividade. Novaware tamén desenvolve outras actividades na área da tecnoloxía e dos sistemas e procesos informáticos. Para poder ofrecer solucións integrais aos seus clientes, Novaware tamén dispón dun servizo de venda de equipos e dispositivos informáticos e de rede.

Novaware nace grazas ao espírito emprendedor dos seus socios e socias, e co respaldo da súa experiencia e capacitación no desenvolvemento de software en xeral, mais, particularmente, no desenvolvemento de sistemas de información xeográfica e deseño de bases de datos espacio-temporais.

Novaware comeza a súa actividade cunha organización baseada na definición e continua mellora de procesos, aplicando desde os seus inicios as boas prácticas de CMMI (sobre todo Nivel 2 e algunha de Nivel 3), e ISO27001, e ten planificado someterse proximamente ás correspondentes auditorías que o acrediten.